Patrimonio cultural

Abadía de Santa María de Montederramo

Aínda que o monumento mais coñecido é o mosteiro de Santa María de Montederramo, o concello agacha outras excelentes mostras de arte, etnografía e historia que merece a pena coñecer.

Historicamente os restos mais antigos remóntanse ó castro celta que se ubicaba no alto de Leboreiro, pertencente a Idade de Ferro, pero non é visitable a dia de hoxe.

Tamén nas proximidades de Vilariño Frío atópanse restos da antiga via romana coñecida como Vía Nova ou Via XVIII de Antonino, que unía as ciudades de Astorga,en León, e Braga,en Portugal.A construcción desta vía data do século I(d.C.), e nela atópase a ponte vella, de orixe romana pero reconstrucción medieval, en excelente estado de conservación.Para visita-la pódese acceder dende a estrada OU-536, ou ben dende o núcleo de Vilariño Frío, distando uns cen metros do mesmo.

Existe, como en toda Galicia, unha ampla mostra de edificios relixiosos,pois en cada parroquia podemos atopar unha igrexa ou capela, ademais de petos de ánimas e cruceiros.Pero o edificio relixioso mas relevante é o mosteiro cisterciense de Santa María ubicado na capitalidade do municipio.Das outras edificacións destaca o conxunto relixioso de Marrubio que comprende un cruceiro de madeira policromado, a capela de San Antonio e dous petos de ánimas, o cruceiro de San Xoán de Chas,ou o peto de ánimas de Vilariño Frío.

O mosteiro cisterciense de Santa María de Montederramo é un dos monumentos renacentistas mais importantes de Galicia.

A grandeza da súa igrexa, a harmonía dos seus claustros, o gusto barroco da sillería coral e o impresionante retábulo que preside o altar maior convírtenno nunha visita obrigada dentro da ruta dos mosteiros da Ribeira Sacra.

Para poder acceder ó interior existe a posibilidade de adquirir entradas na oficina de turismo municipal, facendo unha visita exhaustiva acompañado por persoal do concello.As tarifas son variables, en función do nº de persoas, idade, etc.

As visitas son tódolos días, laborais e festivos, ás 11,12 e 13 horas pola mañá, e ás 16,17,18 e 19 horas pola tarde.No caso de grupos é conveniente avisar con antelación.

Dentro do patrimonio etnográfico o municipio conta con varios fornos e muíños, destacando entre estos, o de Ponte Mazaira, á beira do rio Mao, preto da capitalidade, de propiedade privada, pero visitable.

Espazos naturais.-

Situado dentro da Ribeira Sacra e cun dos mais importantes cumios de Galicia, o concello de Montederramo ofrece unha amplia diversidade de espazos naturais que fan posible a práctica de deportes e actividades ó aire libre.

Predomina a paisaxe de montaña na zona sur pola influencia da Serra de San Mamede.A importancia natural desta é tal que gran parte dela está recoñecida pola Rede Natura 2000 como Lugar de Interese comunitario (LIC) co nome de “Bidueiral de Montederramo”, xa que un contén un importante bosque de bidueiros e outras especies autóctonas que se expanden por mais de 250 Has.

A subida ó alto de San Mamede tamén é recomendable polas impresionantes vistas do entorno, chegándose a divisar Verín ou Monforte de Lemos.Alí está a capela do santo e a fonte da que, según conta a lenda, o eremita fixo manar auga pura e abondante.

Tanto o Bidueiral como o San Mamede contan con rutas de senderismo, dispoñéndose de folletos na oficina de turismo onde tamén se pode contar con GPS.

Dentro do concello pódese disfrutar da natureza en dúas áreas recreativas, a de Ponte Mazaira e no Refuxio da Retorta, ambas bañadas polo río Mao, e tamén no encoro de Leboreiro.

As augas cristalinas dos ríos que percorren o municipio farán as delicias dos aficionados á pesca que poden recoller o coto no Bar Alvarez, da capitalidade municipal.

Outros espacios naturais para disfrutar son a Cabeza da Meda, A Ferrería ou O Teixedo, se ben non contan con sinalización ou roteiro.

Destinos turísticos próximos ó noso municipio.-

A posición xeográfica e as boas comunicación convirten a Montederramo nun punto estratéxico para coñecer outros interesantes destinos turísticos.

Primeiramente a Ribeira Sacra, da que forma parte, que está sendo un destino turístico de 1ª orden na Galicia interior, estando proposta a ser Patrimonio da Humanidade.Ofrece unha riqueza cultural e paisaxística inigualable, ademais de poder disfrutar de viaxes polos Cañóns do rio Sil, unha excelente gastronomía e uns afamados viños, producto dunha laboriosa viticultura.

Neste espazo físico que comprende 21 municipios pertencentes á provincia de Lugo e Ourense os mais próximos, e visita obrigada polos seus atractivos turísticos, son Castro Caldelas, Parada de Sil, A Teixeira, Esgos(S.Pedro de Rocas) e Nogueira de Ramuín(Santo Estevo).

Próximos tamén a Montederramo están Maceda(Castelo), Baños de Molgas(Balneario), Xunqueira de Ambia(Mosteiro) ou Allariz(Vila monumental) , así como a cidade de Ourense co seu centro histórico,  As Burgas, A Catedral, A Ponte Romana, As termas, etc.

Para os mais inquietos e os que lles gusta disfrutar da neve, a pouca distancia de Montederramo está a Estación de Inverno de Cabeza de Manzaneda, onde se poden practicar diferentes deportes e actividades de ocio.

Por último, pero non menos importante compre salientar que a 90 minutos tamén se poden visitar as Rías de Vigo e Pontevedra, coas suas praias e interesantes pobos e ciudades costeiras.