A pesca

Os amantes da pesca poden disfrutar dun dos coutos de pesca mellores de Galicia, o Couto do Río Mao, na que as súa augas cristalinas, procedentes da Serra de San Mamede, son un excelente entorno para a pesca fluvial.

Tramos do Couto do Río Mao:

- Tramo 1: o seu límite superior é A Ponte de Touzal e o seu límite inferior a Ponte de Gabín. Ten unha lonxitude de 2,4 km e a categoría de troita (19 cm e cota 10).

- Tramo 2: o seu límite superior é A Ponte de Gabín e o seu límite inferior A Ponte de Mazaira. Ten unha lonxitude de 1,2 km e a categoría de pesca sen morte.

- Tramo 3: o seu límite superior é A Ponte de Mazaira e o seu límite inferior a Presa da Lobeira. Ten unha lonxitude de 11,4 km e a categoría de troita (19 cm e cota 10).

Os tramos vedados son os seguintes:

- Regato de Groil: o seu límite superior é o nacemento e o límite inferior a desembocadura no Río Mao. Ten unha lonxitude de 7,6 km.

- Río Mao: o seu límite superior é o inicio da área recreativa de Montederramo e o límite inferior o final da área recreativa de Montederramo. Ten unha lonxitude de 0,7 km.

- Río Mao: o seu límite superior é o nacemento e o límite inferior A Ponte de Touzal. Ten unha lonxitude de 9,6 km (afluentes).

- Regato de Reixa: o seu límite superior é o nacemento e o límite inferior a desembocadura no Río Mao. Ten unha lonxitude de 3,4 km.

Os lugares de expedición de permisos e información son os seguintes:

Bar Álvarez (Montederramo):Teléfono: 988 29.20.27