Saúdo do alcalde

Desde esta ventá ó mundo exterior que é internet, espero  que a través desta páxina o noso municipio sexa participe da nova era da comunicación e que todos os que o desexen poidan entrar na casa do concello dende calquera lugar do mundo, para facer trámites  ou xestións, buscar información ou visitar o patrimonio cultural e natural.Tentaremos que a través deste nexo de unión se produza unha comunicación fluída, xa que co uso da administración electrónica tanto as entidades como os administrados se benefician dunha maior eficiencia e aforro de costes.

En canto ós que se interesan mais por coñecer o noso patrimonio,

invito a todos os que nos visiten virtualmente a que o fagan tamén presencialmente, xa que soamente así poderán apreciar os nosos valores reais: a amabilidade da nosa xente, o frescor do noso clima, o gosto da carne de terneira, os sonidos do silencio, o rumor da auga dos ríos de montaña, as cores das nosas árbores, o eco dos monxes da abadía cisterciense, e tantas outras sensacións que soamente se poden descubrir paso a paso por esta nosa terra.