Orografía

O concello de Montederramo conta cunha extensión de 136,31 km2 e sitúase ó sureste de Galicia e no centro – sur da provincia de Ourense, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte, cos concellos de Parada do Sil e da Teixeira; polo leste, cos de Castro Caldelas e o de Chandrexa de Queixa; polo sur, cos de Laza, e Vilar de Barrio, e polo oeste, cos de Maceda, e o de Xunqueira de Españadedo.

A súa situación xeográfica é; latitude, 42º 16´5 Norte; e a lonxitude de 7º 30´, Oeste, sendo a súa altitude de 900 m sobre o nivel do mar.

Na localización e na identificación dos mapas, corresponde as follas cos seguintes números: 188, 226, 189 e 227 do mapa topográfico nacional a escala 1/50.000.

É  un territorio extenso e pouco poboado no que nas súas fragas, ríos ou regatos agocha exemplos de fauna e flora autóctona. Por iso ten o 18 % do seu territorio protexido dentro dos espazos Bidueiral de Montederramo e Macizo Central pertencentes á Rede Natura 2000.

Conta con boa gastronomía a base de productos da terra, en especial, a carne de terneira que se alimenta de xeito natural nos abondantes pastos e prados.

O visitante poderá descubrir o marabilloso patrimonio arquitectónico, cultural e natural de Montederramo, sendo o mosteiro de Santa María o monumento máis relevante e a Serra de San Mamede o mais impresionante espazo natural.