Xulgado de paz

O Xulgado de Paz exíste naqueles concellos onde non hai Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción.
Coñecerán naorde civil, da sustanciación en primeira instancia, fallo e execución dos procesos que a lei determine, cumplirán tamén funcións de Rexistro Civil e as demáis que a lei lle atribúa.
Naorde penal coñecerá en primeira instancia dos procesos por faltas que lles atribúa a lei. Poderán intervir igualmente nas actuacións penais de prevención, ou por delegación e naquelas outras que sinalen as leis.
O Xuíz de Paz é nomeado por un período de 4 anos pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O nomeamento recae na persoa elexída polo Pleno do Concello. Actualmente este cargo ostentao D. José de la Iglesia Iglesias.

A oficina do Xulgado/Rexistro Civil está na casa do concello, e funciona co mesmo horario e días laborais que a administración municipal:

De luns a venres, non festivos, das 9 ás 14 horas.

As solicitudes de certificados oficiais de nacementos, matrimonios ou defuncións poden facerse persoalmente, por teléfono no nº 988292072 ou por correo electrónico ó enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

En todo caso debe constar na solicitude o tipo de certificado que solicita (nacemento,matrimonio ou defunción, literal, extracto, plurilingüe,etc), os datos do solicitante,incluído teléfono de contacto, e os datos da inscripción o mais exactos posible(data do nacemento, matrimonio ou defunción, tomo e páxina, etc), así como a dirección si se desexa o envío por correo postal.